![Luther Price as Tom Rhoads](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/luther2-1280x720.jpg?itok=-AB0GUiA)
Luther Price as Tom Rhoads
- 73 minutos
Como complemento ao episodio de Camera Obscura in memoriam de Luther Price, presentamos unha proxección especial en sala de cinema de dúas das súas primeiras películas en super 8. Estas aínda estaban realizadas baixo o pseudónimo de Tom Rhoads (“Luther Price” nace con Sodom): “un tipo simpático que te invitaría a un cornete de xeado” (A nice guy who would buy you an ice cream cone). Warm Broth e Green foron rematadas ao redor de 1988. Son unha inmersión na piscina abisal do traumas familiares, a visión dun neno en descomposición, unha canción infantil angustiosa, un xeado con vermes. Co propio Price como intérprete de distintos personaxes, sucédense varias estampas ao redor do soño doméstico americano na súa versión creepy, intercaladas con imaxes de morte e sexo.
-
(S8) Mostra de Cinema Periférico
Luther Price as Tom Rhoads
Entrada de balde (reserva previa de entradas en https://s8cinema.com/)
- Ano:1988
- Países de produción: Estados Unidos