
Mariano Llinás: La Flor e Clase Maxistral
Do 30 de novembro de 2018 ao 7 de decembro de 2018
En colaboración con Zinebi, o CGAI programa a monumental película de Mariano Llinás de máis de catorce horas de duración, La flor. Sen dúbida, é unha das grandes películas do ano, gran vencedora da última edición do Bafici e participante en festivais como Locarno, Toronto ou Nova York. Se o ano pasado Llinás xa estivo no CGAI presentando a primeira parte da película, nesta ocasión, ademais de proxectarmos a obra íntegra en tres días distintos (e en horarios especiais), o cineasta arxentino impartirá unha clase maxistral sobre o proceso de creación do filme, mais tamén sobre a súa concepción da sétima arte.
Agradecementos: Mariano Llinás, Laura Citarella/El Pampero Cine; Inés Intxausti Garmendia, Vanesa Fernández Guerra/Zinebi; Tabakalera; Márgenes; Cineuropa; Álvaro Arroba.

La flor (Parte 1)

La flor (Parte 2)

La flor (Parte 3)
