
La flor (Parte 3)
Elisa Carricajo, Valeria Correa, Pilar Gamboa, Laura Paredes
- 320 min.
Parte 3: Episodios 4, 5 e 6
La Flor é un monumental complexo narrativo integrado por seis historias independentes e sucesivas. O punto de unión que teñen entre si é que cada unha delas está protagonizada polas catro mesmas actrices: Pilar Gamboa, Elisa Carricajo, Laura Paredes e Valeria Correa. O universo das devanditas ficcións é radicalmente diferente dun episodio ao outro, de feito o realizador proponse desde o comezo pór de relevo esa diferenza extrema. Así mesmo, os personaxes que as catro actrices encarnan en cada relato aspiran a mesma variedade. Pilar Gamboa, por exemplo, é unha feiticeira no primeiro, unha cantante pop no segundo, una espía muda no terceiro, ela mesma no cuarto, un personaxe secundario, case invisible, no quinto e unha presa fuxida na Pampa do século XIX no sexto. Cada unha das actrices haberá de saltar dun universo ficcional a outro, coma nunha danza de máscaras. O obxectivo de Mariano Llinás é duplo: por un lado, converter as actrices en máquinas de narrar, depositar no seu corpo a obriga e a responsabilidade de dar conta das nomeadas ficcións para provocaren en nós, como dicía Samuel T. Coleridge, a suspensión voluntaria da incredulidade que é o obxectivo último de calquera práctica artística; e por outro lado, que o salto dunha ficción a outra nos revele, ao longo do vasto traxecto narrativo, a verdadeira faciana desas mulleres.
-
Mariano Llinás: La Flor e Clase Maxistral
La flor (Parte 3)
Atención ó horario. Con 2 intervalos de 15 minutos.
- Ano:2018
- Países de produción: Argentina
- Guión: Mariano Llinás
- Fotografía: Agustín Mendilaharzu
- Montaxe: Alejo Moguillansky, Agustín Rolandelli
- Produtora(s): El Pampero Cine
La flor
Diego Lerer
La flor é unha saga de seis películas de diferentes formatos, xéneros, temas e duracións unidas por unha serie de constantes: as catro actrices de Piel de Lava (Pilar Gamboa, Laura Paredes, Elisa Carricajo e Valeria Correa) que protagonizan cinco delas; a idea da aventura (o terceiro episodio, toda unha novela de espías que envexaría o propio John Le Carré), o percorrido e a fuga (o sexto episodio, de formato experimental, sobre un grupo de cativas), e ese constante movemento que devén en trama, conflito, ficción, ficción, ficción. Só nun momento (durante unha boa parte do cuarto episodio), Llinás aparenta romper o dispositivo e deixa correr unha serie de ideas modernistas que fan eco e comentan a propia película que se está filmando. Mais acaso non sexa tan así: o máis probable é que sexa só outro nivel do mesmo xogo. (http://www.micropsiacine.com/2018/09/estrenos-critica-de-la-flor-de-mari...)