Off Galicia
Do 1 de novembro de 2011 ao 31 de decembro de 2011
Trazamos unha perspectiva do panorama audiovisual galego contemporáneo expresando a súa variedade en diversos ámbitos. Recuperamos cinco dos últimos traballos do dúo de guerrilla audiovisual Galicieiras (José Luis Ducid e Lochos), ésta vez xunto a David Carballal. A colaboración de varios anos co Concello da Coruña no certame Social Cine permite extraer as pezas recén premiadas, boas doses de talento que mesturan nomes consagrados con valores emerxentes.
Homenaxeamos a Ramón María del Valle-Inclán no 75 aniversario do seu pasamento, falecido uns meses antes do inicio da guerra civil, coa proxección dun dos filmes máis consistentes inspirados na súa obra literaria, Sonatas (1959) de Juan Antonio Bardem, prolegómeno dunha serie de títulos que programaremos durante o 2012. A presentación do libro do historiador Emilio Grandío Las columnas gallegas hacia Oviedo facilita a proxección de pezas relacionadas filmadas durante a guerra civil española por Films Patria. Por último, Milímetros de Xes Chapela dialoga coa tradición cinematográfica, a idea de arquivo, o patrimonio fílmico e as imaxes recuperadas.
Agradecementos: David Carballal, Galicieiras (José Luis Ducid e Lochos), Rogelio Fernández, Ximena Losada, Marcos Nine, Xurxo Chirro, Ticiana Darriba, Luisa Martínez, Regla Dávila, Concello da Coruña, Vídeo Mercury Films, Emilio Grandío, Cristina Bernáldez, Filmoteca Española, Xes Chapela, Daniel Froiz.
![Premios Social Cine Premios Social Cine](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2315.jpg?itok=-DzCE34j)
Premios Social Cine
![5 traballos audiovisuais 5 traballos audiovisuais](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2314.jpg?itok=6h43-E_2)
5 traballos audiovisuais
![Sonatas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/f4766932942ce948bc9604a9a677eca75052351f9b3849a91c7a5dcc0ca7c7fc.jpg?itok=7cVI6XPh)
Sonatas
En el Frente de Asturias
Oviedo, la Mártir
![Milímetros Milímetros](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_2335.jpg?itok=1YgkAcxq)