![Sonatas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/f4766932942ce948bc9604a9a677eca75052351f9b3849a91c7a5dcc0ca7c7fc.jpg?itok=gONGefiT)
Sonatas
Juan Antonio Bardem, 1959.
105’. Entrada gratuíta.
SONATAS (España-México, 1959) Dirección e guión: Juan Antonio Bardem, sobre Sonata de Estío e Sonata de Otoño de Ramón María del Valle-Inclán. Produción: UNINCI e Producciones Barbachano Ponce. Fotografía: Cecilio Paniagua e Gabriel Figueroa. Intérpretes: Aurora Bautista, María Félix, Francisco Rabal, Fernando Rey. Duración: 105 minutos. Coprodución hispano-mexicana que adapta dúas das Sonatas de Valle-Inclán, logo de descartar Bardem unha versión de Tirano Banderas. A historia dun marqués de Bradomín en medio de disputas políticas, históricas e amorosas aparece influida polas derivas do neorrealismo italiano (o Visconti de Senso). Bardem superpón unha historia política en dous espazos: a España de 1824 (inclúe a presenza da tradición cultural galega e parte do seu repertorio etnográfico-mítico) e o México da década seguinte. Seleccionada no Festival de Venecia 1959.