A casa do cinema
Do 28 de setembro de 2022 ao 28 de outubro de 2022
Que é unha filmoteca? A esta pregunta quere responder Inés Toharia Terán coa súa película documental Film, the Living Record of Our Memories, un exhaustivo percorrido polo pasado, presente e futuro dos arquivos fílmicos. Coa reapertura da Sala José Sellier da Filmoteca de Galicia, modernizada e reacondicionada, parecíanos que era un bó momento para presentar este singular traballo, realizado desde España e con financiación internacional, o que se corresponde cunha película que tamén recorre todo o mundo, e acompañalo cunha serie de películas que expoñen desde moi diferentes vertentes o trabajo que se realiza nunha filmoteca. Así, presentaránse distintas restauracións, desde El moderno Sherlock Holmes ás sete películas experimentais realizadas polo pintor galego Eugenio Granell a principios da década dos sesenta do século pasado. Estas películas presentaránse nunha máster class a cargo de algúns dos responsables dunha restauración levada a cabo na Elías Querejeta Zine Eskola (e a que tamén contribuiu a Filmoteca de Galicia nas súas fases finais). A outra vertente deste ciclo o representarán películas como Regreso a Reims ou A virxe roxa que fan un emprego maxistral do arquivo, precisamente dese tipo de materiais (ficcións, documentais, industriais, familiares) que preservan as filmotecas. Estas dúas últimas películas proxectaránse a derradeira semana de outubro, coincidindo co Día Mundial do Patrimonio Audiovisual de la Unesco (27 de octubre) xunto a outras películas de outros ciclos que, dun modo ou outro, teñen relación co traballo de recuperación das filmotecas, tamén cun novo pase das sete películas de Granell, repartidas en distintas sesións. Precisamente, a primeira proxección desa semana será outro documental que aborda temas semellantes aos da película de Inés Toharia Terán, Cinema Futures, do austriaco Michael Palm. Esa é a misión fundacional das filmotecas: preservar o patrimonio fílmico e garantir o seu futuro.