![Cinema Futures](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/cinema_futures-297737351-large.jpg?itok=dVN2S1X9)
Cinema Futures
- 125 minutos
O cine morre ou muda? Corren perigo os arquivos fílmicos do mundo e polo tanto a nosa memoria audiovisual colectiva? Son moitos os interrogantes neste documental sobre o presente e o futuro do cine na era dixital, un esbozo de escenarios futuros, temores e utopías posibles que acompañan a transición desta época con colaboradores de excepción: David Bordwell, Jacques Rancière, Tacita Dean, Martin Scorsese, Christopher Nolan, Nicole Brenez, Tom Gunning ou Apichatpong Weerasethakul.
- Ano:2016
- Países de produción: Austria, Estados Unidos, India, Noruega
- Guión: Michael Palm
- Fotografía: Joerg Burger
- Produtora(s): Meschief Films