Bertrand Bonello
Do 1 de novembro de 2011 ao 31 de decembro de 2011
En colaboración con: Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Cantabria.
Premiado polos festivais e solicitado por espazos culturais de todo o mundo pola súa obra elegante e sensual, o CGAI organiza un ciclo dedicado a Bertrand Bonello (Niza, 1968). Bonello artella universos de illamento, dualidade, xogos de espellos, carnalidade, paixóns extremas e seres pechados, un mundo ambiguo e fascinante construido a través de cinco longametraxes. Aproveitamos o percorrido pola súa obra para estrear L’Apollonide, estético e refinado retrato dun burdel do París do Modernismo co que compareceu na pasada edición de Cannes.
O ciclo amosará ao público as súas longametraxes, varias obras de curta duración e musicais (un concerto da cantante alemana e musa de Fassbinder Ingrid Caven), nas que reluce a súa condición de brillante músico e compositor, con experiencia en orquestras e xunto a destacadas figuras da música como Françoise Hardy, Carole Laure ou Elliott Murphy.
Agradecementos: Bertrand Bonello, Laurence Berbon, Tamasa (Francia), Films Distribution (Francia), Aurelien Deseez, Les Films du Bélier (Francia).

Where the boys are

Quelque chose d’organique

De la guerre

Le pornographe

Tiresia

L’apollonide
