Quelque chose d’organique
Bertrand Bonello, 1998
90’. Subt. Galego.
QUELQUE CHOSE D’ORGANIQUE
(Francia-Canadá, 1998)
Dirección e guión: Bertrand Bonello. Produción: Cité-Amérique e Haut et Court. Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Romane Bohringer, Laurent Lucas. Duración: 90 minutos.
Paul e Marguerite parecen amarse despois de cinco anos de relación. A primeira longametraxe de Bonello segue liñas mestras trazadas antes por Eustache ou Garrel, unha análise dun amor que semella visceral e orgánico e que quizais esté en proceso de desintegración. Silencios, corpos, músicas, dualidades, Bonello xa perfila os valores da súa filmografía futura.