![Tiresia Tiresia](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2323.jpg?itok=N0zUMSnJ)
Tiresia
Bertrand Bonello, 2003
115’. Subt. Galego.
TIRESIA
(Francia-Canadá, 2003)
Dirección: Bertrand Bonello. Guión: Bertrand Bonello, sobre unha historia de Luca Fazzi. Produción: Canal+, CNC, Haut et Court, MJBC Foundation, Procirep, MEDIA, SODEC, arte France, Téléfilm Canada, micro_scope. Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Laurent Lucas, Clara Choveaux, Thiago Tèles. Duración: 115 minutos.
Competidora pola Palma de Ouro en Cannes 2003. Tiresia é a un tempo home e muller, seguindo o mito grego do visionario cego. No filme de Bonello é un transexual brasileño que vive co seu irmán na periferia de París. Un home soñador, Terranova, obsesionase por Tiresia ata o punto do secuestro. Longametraxe de estraña e escura beleza, a carnalidade do cine de Pasolini ou Cronenberg casa co ascetismo de Bresson.