Le pornographe
Bertrand Bonello, 2001
108’. Subt. Galego.
LE PORNOGRAPHE
(Francia-Canadá, 2001)
Dirección e guión: Bertrand Bonello. Produción: Haut et Court, In Extremis Images, coa participación de CNC, TPS Cinéma e Téléfilm Canada. Fotografía: Josée Deshaies. Intérpretes: Jean-Pierre Léaud, Jérémie Renier, Dominique Blanc. Duración: 108 minutos.
Premio FIPRESCI Cannes 2001. Jacques (Jean-Pierre Léaud) é un autor de filmes porno “de autor” que tivo celebridade nos anos 70-80 con plantexamentos contraculturais que xa non parecen encaixar coas ansias comerciais do xénero. O seu fillo Joseph tamén procura o seu espazo para a utopía. Jacques, separado da súa muller, supervivinte da historia, volve a dirixir un filme porno ao tempo que tenta reconducir a relación co seu fillo.