
POUCO A POUCO
Jean Rouch, 1972
92´. Subtítulos en castelán.
PETIT À PETIT / POUCO A POUCO
(Níxer-Francia, 1972)
Dirección, guión, fotografía: Jean Rouch. Produción: Pierre Braunberger para Les Films de la Pléiade coa partipación de CNSR Niger, CFE. Duración: 92 minutos.
A sociedade de importación e exportación que dirixe Damouré en Ayorou chámase “Petit á Petit”. Un día marcha a París para ver como se pode vivir nunha “casa de pisos”. A estraña vida dos parisienses lévao a escribir unha serie de “Cartas Persas” que envía aos seus amigos. Eles, pensando que se volveu tolo, viaxan á capital francesa na súa procura.