Sesión Alber Ponte (I)
- 70 minutos
NO NOS CONOCEMOS (abril 2020) (8 minutos)
Int: Gemma Gálvez e Alber Ponte / Fotografía: Patxi Rivas / Son: Ludwig Tapia / Edición: Arnold Mota / Guión e dirección: Alber Ponte
Unha producción de Sierra Madre Films
Durante a corentena da covid-19, unha muller chama por teléfono a súa exparella, mais engánase de número. Nin ela nin o home que atende poden imaxinar as grandes consecuencias que terá ese pequeno erro.
NO PERDER (maio 2020) (10 minutos)
Intérprete, fotografía, son e edición: Alber Ponte / Música: Jorge De Lellis / Guión e dirección: Alber Ponte
Una produción de Sierra Madre Films
Todos vivimos ao mesmo tempo en dous mundos diferentes; o que hai ao noso arredor e o que temos dentro. De todas formas, ás veces, circunstancias coma o confinamento da covid-19 obrígannos a vivir sós e coa única compaña das nosas voces interiores.
VENGANZA CUMPLIDA (xuño 2020) (13 minutos)
Int: Orlando Villasenín, Alber Ponte, Agustín Godás e Gorka Igartua / Fotografía: Tony Vilestro / Son: Ludwig Tapia / Edición: Arnold Mota / Música: Jorge de Lellis / Guión e dirección: Alber Ponte
Unha producción de Sierra Madre Films
En 1890, William Finley e Roy Shannon foron os únicos sobreviventes dun fatídico enfrontamento entre as súas respectivas familias. Moitos anos despois, ambos descobren que, casualmente, viven preto un do outro, e xa que logo, por fin han poder saciar a súa sede de vinganza.
EL CAMINO TRAZADO (agosto 2020) (26 minutos)
Int: Orlando Villasenín e Alber Ponte / Fotografía e son: Javier Seoane / Edición: Arnold Mota / Música: Jorge de Lellis / Guion e dirección: Alber Ponte
Unha produción de Sierra Madre Films
Jorge e Pablo, tendo dous estilos de vida practicamente opostos, son moi bos amigos e vense decote. No verán de 2019, ambos emprenderon xuntos a singular e secreta misión de averiguar por que Jorge comezou a ter uns soños moi estraños.
CERCANOS E EXTRAÑOS (outubro 2020) (13 minutos)
Int: Xoán Carlos Mejuto e Alber Ponte / Fotografía e son: Javier Seoane / Edición: Arnold Mota / Música: Jorge de Lellis / Guion e dirección: Alber Ponte
Unha producción de Sierra Madre Films
En setembro de 2021, Julián viaxa desde A Coruña a Larraga (Navarra) concretamente, a unha granxa abandonada que hai a poucos quilómetros da vila. Julián foi ata alí para tentar encontrar a Martín, o seu cuñado, e a razón da viaxe é positiva e moi importante; o único e gran problema é que entre eles non hai unha boa relación.
-
Off Galicia
Sesión Alber Ponte (I)
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentación do seu autor. Entrada de balde
-
- Ano:2020
- Países de produción: España