
Unconscious London Strata
- 24 min.
De visita en Londres, Inglaterra (un soño de mocidade) e desexando ser un simple turista cunha cámara (tirando fotos de exóticas arquitecturas imaxinadas desde as primeiras lecturas de Dickens, etc.), vinme forzado, si, forzado!, a fotografar máis ben os equivalentes máis próximos aos traballos mentais NON pictóricos que estas escenas de Londres, perante os meus ollos e a lente da cámara, posibilitarían: cada posibilidade escénica distorcida de calquera imaxe doadamente identificable ou dalgunha laboriosa reconstrución do ollo da mente na fronteira do inconsciente. Foi dous anos antes de que puidese mesmo comezar a editar; e daquela algunha música visual de toda a historia de Inglaterra comezou a desenvolverse a través deste material, moldeándoo dunha forma parecida a como a música de Pierre Boulez harmoniza coa poesía de René Char… (Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1982
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stan Brakhage
- Fotografía: Stan Brakhage
- Montaxe: Stan Brakhage