![Desert](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/desert_brakhage.jpg?itok=vLywsFMZ)
Desert
- 11 min.
Convidado a Riverside, California, Brakhage, pensando trabucadamente que estaba no deserto, planeou un filme sobre o deserto ata que chegou e descubriu unha vulgar paisaxe suburbana. Así que decidiu facer, e filmar, un deserto na mesa do seu cuarto do motel. A película resultante inclúe algo da paisaxe real, desde palmeiras a unha posta de sol, mais xustapono coa súa imaxinería lumínica, conseguida ao filmar os obxectos moi preto e desenfocados. Para Brakhage, o grande e o pequeno, o interior e o exterior son mundos que danzan ao unísono para crear un “deserto” fílmico. (Fred Camper)
- Ano:1976
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Stan Brakhage
- Fotografía: Stan Brakhage
- Montaxe: Stan Brakhage