PORTOGALLO, PAESE TRANQUILO
Joaquín Jordá, 1969
32’. Vídeo. Subtítulos en galego.
PORTOGALLO, PAESE TRANQUILO
(Italia, 1969)
Dirección e guión: Joaquín Jordá. Produción: UNITELE FILM. Fotografía: Joaquín Jordá, Carlos Durán e Fabrizio Castronuovo. Duración: 32 minutos.
Nos últimos anos da ditadura de Salazar e coa escusa dun documental sobre a arquitectura no Algarve, Jordá entra a filmar sobre o terreo a situación dos opositores lusos nun documento afastado, nas súas verbas, do “praxismo romántico” dos filmes políticos do momento. Pomba de Ouro no certame de Leizpig, forma parte dun grupo de traballos que se crían perdidos, brechtianas pezas de cine militante con compoñentes underground e numerosas tentativas experimentais.