
Sabotaje (La mujer solitaria)
Sabotage
Sylvia Sydney, Oskar Homolka, Desmond Tester, John Loder
- 76 minutos
Un acto de sabotaxe priva de iluminación a cidade de Londres durante unhas horas. O culpable é Verloc, empresario dun cine do West End londinense e xefe dunha organización secreta de terroristas estranxeiros que trata de destruír a capital. A súa muller, Sylvia, que ignora as súas actividades clandestinas, traba amizade con Ted, dependente dunha tenda veciña, malia ser en realidade un detective de Scotland Yard cuxa misión é vixiar a Verloc. “Película que fai un uso complexo e consistente da imaxinería —e dos propios elementos cinematográficos como o correlato—, Sabotaje condúcenos desde a penumbra do cine de Verloc á escuridade interior, máis penumbrosa aínda, dun espectador. Tanto na súa forma coma no seu contido, este brillante bosquexo do caos universal constitúe un claro antecedente de Psicosis.” (Donald Spoto)
- Ano:1936
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Charles Bennett, Ian Hay, Helen Simpson; Joseph Conrad (novela)
- Fotografía: Bernard Knowles
- Montaxe: Charles Frend
- Produtora(s): Gaumont-British Picture Corp.