
Phantom
Friedrich Wilhelm Murnau, 1922
132’. Subt. Galego. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro.
PHANTOM (Alemaña, 1922) Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Guión: Thea Von Harbou, sobre a novela homónima de Gerhart Hauptmann. Produción: Uco-Film der Decla-Bioscop. Fotografía: Axel Graatkjaer e Theophan Ouchakoff. Intérpretes: Alfred Abel, Frida Richard. Duración: 132 minutos. Nunha vila de montaña e a petición da súa irmá, un ex presidiario, Lorenz Lubota, escribe a historia da súa vida. Modesto empregado municipal afeccionado á poesía, namora tolamente de Veronika, unha muller rica. Unha sucesión de equívocos e tramas, de asomos de gloria e traxedias de clase, levan a Lubota á desesperación. Un dos filmes máis fermosos de Murnau, cheo de recursos exuberantes, de contrastes de luces e sombras e unha fonda visualización da emoción dos personaxes.