La hija de un ladrón
Greta Fernández, Eduard Fernández, Àlex Monner
- 102 minutos
Sara ten dúas peles: a segunda é a cámara de Belén Funes adherida a ela, que a segue ata nos momentos íntimos. As dúas epidermes de Sara son fráxiles, inquedas e pouco glamurosas. A iso, a actriz que a interpreta –Greta Fernández- engádelle unha ollada aborrecida de loitar, na procura de afecto e cunha capacidade de sorpresa non esgotada, a pesar dos meandros da relación co tóxico padre (encarnado por Eduard Fernández).
Os dous actores e a debutante directora constrúen neste filme urxente un presente familiar que permite intuír que houbo antes e que ha suceder despois, porque ninguén pode escapar da súa vida, da súa xenética nin do aprendido. Por iso Sara, nai nova, traballadora incansable e deficitaria de compañía, estala cando ese determinismo maldito, acazapado baixo as súas dúas peles, acaba vencéndoa. [Alfonso Rivera, Catálogo FICX 2019]
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Belén Funes, Marçal Cebrian
- Fotografía: Neus Ollé
- Montaxe: Bernat Aragonés
- Produtora(s): Oberon Cinematografica, BTeam Pictures