PARÍS#1
Oliver Laxe, 2008
35´. Vídeo. Presentación a cargo de Ángel Santos e Xurxo González, programador do certame cinematográfico Filminho. Entrada gratuíta.
PARÍS#1
(España, 2007)
Dirección, guión, produción e fotografía: Oliver Laxe. Duración: 35 minutos.
Uns amigos deciden compartir unha experiencia cinematográfica en Galicia. O seu propósito é sinxelo, filmar cousas que lles gustan, sen ningún outro tipo de premisa ou obriga. Queren que as imaxes reflictan o sentimento que os une á xente que se atopan no camiño. Nun primeiro momento o filme titulábase “As copas das árbores tremen sobre os restos dun incendio”. Próximo a universos transitados por xentes tan estimulantes como Esteva ou Jordá, unha intensa exploración en torno á mirada, as tradicións e a etnografía ou os propios mecanismos de creación fílmicos.