
The Tower
Wardi
- 72 min.
Beirut, Líbano, hoxe. Wardi, unha nena palestina de once anos, vive con toda a súa familia no campo de refuxiados onde naceu. O seu querido bisavó Sidi foi unha das primeiras persoas en establecerse no campo despois de ser expulsado do seu fogar en 1948.
The Tower é unha historia cálida e conmovedora sobre Wardi, de 11 anos, e seu bisavó Sidi, que viven xuntos nunha alta torre nun campo de refuxiados en Beirut, Líbano. Desde que Sidi chegou ao campo en 1948, mantivo a esperanza de que algún día volvería á súa querida Palestina. Pero o tempo acábase. A película móstranos a viaxe de Wardi ao pasado en busca da esperanza perdida de Sidi e do seu propio futuro a través das historias de catro xeracións que viven xuntas nunha torre.
Película de animación baseada en historias reais recollidas en entrevistas, conversas e observacións realizadas polo director e guionista Mats Grorud mentres vivía nun campo de refuxiados en Beirut.
- Ano:2018
- Países de produción: Francia, Noruega, Suecia
- Produtora(s): Les Contes Modernes, Cinenic Film, Tenk.tv