Parabeton-Pierre Luigi Nervi and Roman concret
Heinz Emigholz, 2012
100'.DCP. Presentación por Celestino García Braña.
PARABETON-PIERRE LUIGI NERVI AND ROMAN CONCRET / PARABETON-PIER LUIGI NERVI UND RÖMISCHER BETON
(Alemaña, 2012)
Dirección e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Filmgalerie 51, co apoio da WDR. Duración: 100 minutos.
Monumentalidade en formigón. Edificios en que o ser humano é só un insecto. Pierre Luigi Nervi, arquitecto de arquitectos, foi un mestre na creación de edificios con proporción de xigantes: o rañaceos Pirelli en Milán e a Audiencia Papal no Vaticano ou varios estadios. Mais o vangardismo adusto de Nervi ten as súas raíces moito tempo atrás: no formigón romano, invención rompedora de hai nada menos que 2000 anos. Emigholz revela a proximidade entre puntos distantes en tempo e concepción. Pois o Panteón e os Baños de Caracalla están a un paso da modernidade.