Nosferatu
Friedrich Wilhelm Murnau, 1921
93’. Subt. Galego. Acompañamento musical a cargo do pianista Javier Pérez Castro.
NOSFERATU (Alemaña, 1921) Dirección: Friedrich Wilhelm Murnau. Guión: Henrik Galeen, sobre a novela Drácula de Bram Stoker. Produción: Prana-Film. Fotografía: Fritz Arno Wagner. Intérpretes: Max Schreck, Gustav Von Wangenheim. Duración: 93 minutos. Lendaria e libre versión do Drácula de Bram Stoker e un dos títulos máis célebres e icónicos de Murnau. 1838, Hutter, empregado dunha inmobiliaria en Viborg viaxa a un castelo dos Cárpatos. O dono, o conde Nosferatu, desexa mercar unha finca en Viborg. A estrañeza dos feitos acontecidos na primeira noite, fan que Hutter descubra o vampirismo do conde e fuxa. Pero Nosferatu vai embarcado nun ataúde cara ao porto de Viborg... Durante tempo paralizada pola viúva de Stoker –non se adquiriron os dereitos- un clásico do cine mudo, un filme de raíces pictóricas con imaxes realistas froito dunha estudada composición chea de referencias coa colaboración do deseñador artístico Albin Grau e un alucinante e misterioso protagonista, Max Schrek.
-
-
Expresionismo: cine fantástico e de terror alemán (1919-1927)
Nosferatu
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
-