
Las dos caras del Dr. Jekyll
The Two Faces of Dr. Jekyll
Paul Massie, Dawn Addams, Christopher Lee, David Kossoff, Francis De Wolff
- 88 min.
Enésima adaptación do clásico de Robert Louis Stevenson, no que o doutor Jekyll está obsesionado co estudo do lado escuro do ser humano, que pretende controlar con métodos científicos. Crea un elixir para liberar a súa vertente máis tenebrosa e experimentar cunha escisión forzada da súa identidade, pero aos poucos ese dobre seu, o señor Hyde, acabará por tomar o control.
A orixinalidade da proposta de Fisher estriba na representación de Hyde. Habitualmente monstruoso, el e o seu guionista Wolf Mankowitz convérteno nun aposto e decidido superhome que non coñece límites. Así, o pobre monstro oculto, un tipo máis ben pouco agraciado e parco, é Jekyll, mentres Hyde é quen se presenta en sociedade suscitando o interese das mulleres e a envexa dos homes. Fisher equipara sexo a poder ao centrar a trama nun vingativo triángulo amoroso no que están involucrados Jekyll, a súa muller e o seu amante Paul Allen, amigo persoal do doutor. Inspirado por varios personaxes da novela que aquí se fusionan, Allen é un irónico dandi ao que dá vida un estupendo Christopher Lee nun papel pouco habitual na súa traxectoria na Hammer.
Ao abandonar o xénero de terror de maneira decidida e entrar no melodrama de pleno, Fisher dá a volta á historia, permitíndose ademais analizar o lumpen do S. XIX contraposto á alta sociedade victoriana e incidindo unha vez máis, como é habitual na súa filmografía, na represión do desexo que observaba aínda na Inglaterra do seu tempo.
-
Terence Fisher / Christopher Lee: Drácula e outros monstros
Las dos caras del Dr. Jekyll
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP -
Terence Fisher / Christopher Lee: Drácula e outros monstros
Las dos caras del Dr. Jekyll
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:1960
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Wolf Mankowitz (Novela: Robert Louis Stevenson)
- Fotografía: Jack Asher
- Montaxe: Eric Boyd-Perkins
- Produtora(s): Hammer Productions
Crítica do filme
Antonio José Navarro (en Dirigido por, especial Hammer, abril 2004)
Terence Fisher consigue con Las dos caras del Dr. Jekyll una de sus mejores películas, gracias a un singular requiebro estilístico que, en futuros trabajos del realizador, irá haciéndose cada vez más acusado. En lugar de filmar una película de terror -como sucede en La maldición de Frankenstein (The Curse of Frankenstein, 1957) y Drácula (id.,1958)-, Fisher narra esta historia cínica, simultáneamente sádica y sadiana, como si fuera un desgarrado melodrama al estilo Frank Borzage (…). Las dos caras del Dr. Jekyll no es un cinta agradable ni divertida de ver: los personajes principales son mezquinos y egoístas, su doblez moral, junto a la impúdica y festiva exhibición que hacen de ella, impide que les tengamos compasión aunque la merezcan, pues viven engañados creyendo que controlan sus pasiones cuando éstas son las que imponen su control, llevándolos a la destrucción. El moralismo de tonos sombríos típico de Fisher alcanza aquí una mordacidad hiriente que contrasta, de manera deliberada, con la gran belleza plástica del film.
Aparte de las equilibradas -y gélidas- composiciones en scope, de una sobria dirección de actores vacía de todo histrionismo, Fisher afina la puesta en escena a la hora de plasmar minuciosamente, a la manera de Stevenson, el ambiente sórdido del lumpen victoriano; es decir, con apasionado distanciamiento. No es solamente una elección artística determinada por el peculiar material dramático de Las dos caras del Dr. Jekyll, sino un meditado cambio de rumbo: a partir de esta película, el estilo de Terence Fisher será menos flamboyant y más austero.