
El proceso Paradine
The Paradine Case
Gregory Peck, Ann Todd, Charles Laughton, Louis Jourdan, Alida Valli
- 125 minutos
A señora Paradine é acusada do asasinato do seu marido cego. O avogado mozo Keane é o encargado da súa defensa. Pero Keane, acabado de casar, namórase da súa cliente. “Velaquí por que The Paradine Case é un filme altamente edificante e profundamente irreal, onde o erro dun home debe facer fronte ás accións de seis personaxes. Unha vez máis, un personaxe de Hitchcock está fondamente só, anormal no contexto en que se debate. O feito de que arredor del, en vez da cidade ou o continente de North by Northwest (Con la muerte en los talones), haxa uns personaxes, non debe levarnos a engano, trátase sempre dunha soidade espiritual” (Mauricio Ponzi).
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: David O. Selznick, Alma Reville; Robert Hichens (novela)
- Fotografía: Lee Garmes
- Produtora(s): David O. Selznick