![Blood Machines](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/blood_machines.jpg?itok=AibVM8lO)
Blood Machines
Elisa Lasowski, Noémie Stevens, Anders Heinrichsen |
- 50 minutos
Blood Machines é a continuación en forma de película da historia que comeza no videoclip do tema musical Turbo Killer, do recoñecido grupo francés de retro-synth Carpenter Brut. Trátase dunha space opera con alucinantes efectos especiais e un coidadísimo deseño de arte. Ritmo trepidante, acción a mancheas, criaturas metafísicas todopoderosas e unha banda sonora espectacular (composta para a ocasión por Carpenter Brut) configuran esta pequena obra mestra da ciencia ficción.
Proxéctase co videoclip: Turbo Killer (Seth Ickerman, 2016) 4’ Francia
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Blood Machines
Sen límites/Concurso Internacional de Longametraxes. Presentación. Entrada gratis
- Ano:2019
- Países de produción: Francia
- Guión: Raphaël Hernandez, Savitri Joly-Gonfard