
Margarita y el lobo
Julia Peña, José Antonio Amor, Ernesto Martín, Paloma Guzmán
- 45 min.
“Adaptación musical de Celine e o matrimonio, novela de Christiane Rochefort, Margarita y el lobo narra a separación entre unha estudante e o marido, un señorito dunha familia próxima ao Réxime, nunha España en que o divorcio era unha quimera. A mediometraxe continúa polo vieiro berlanguiano de Carmen de Carabanchel, aínda que profunda máis no rupturismo estético. Rápidos zooms, imaxes conxeladas, unha montaxe expresiva, monólogos a cámara, a inclusión de imaxe de arquivo e unha reatribución posmoderna de clásicos musicais e composicións propias achegaban o filme ás películas da Nouvelle Vague francesa.
Margarita y el lobo era unha impugnación ao matrimonio e un canto feminista á necesidade dunha verdadeira emancipación da muller. O fondo da película bateu inmediatamente co contexto en que xurdiu, o dunha sociedade franquista, machista, onde a muller só tiña cabida como anxo do fogar. Segundo o testemuño da propia directora, a fita caeu tan mal na Escuela Oficial de Cinematografía que os seus responsables tentaron destruíla e terminaron por incluíla na Censura Oficial. Bartolomé figurou daquela nas listas negras do franquismo, o que impediu que a directora volvese dirixir unha película ata a morte do ditador”.
(Andrea G. Bermejo, redactora xefa de Cinemanía, nas súas notas para o programa que a Filmoteca Española dedicou á cineasta en marzo de 2022)
-
As Filmotecas presentan...
Carmen de Carabanchel
Margarita y el lobo
Versión lingüística:VOFormato:DCPFilmoteca Española presenta... Entrada gratis.
-
Cineclube Padre Feijoo
Carmen de Carabanchel
Margarita y el lobo
Las novias del sur
Versión lingüística:VOFormato:HD
- Ano:1969
- Países de produción: España
- Guión: Cecilia Bartolomé
- Fotografía: Ricardo Duque
- Produtora(s): Escuela Oficial de Cinematografía