
the voice as performance, act and body
- 11 minutos
Na Biennale de Venecia de 2007 fixen unha performance de 12 minutos no Arsenale: ensinaba a glote mentres falaba. Chamouse “a voz como performance, acto e corpo”. Tras inserir unha cámara a través do nariz, mostrouse a imaxe en grandes pantallas para poder ver como se movía a glote no proceso. Lin un texto propio en alemán, un texto poético sobre a orixe da linguaxe: “Cal é a anatomía da linguaxe?”, pregunteime. A resposta foi unha performance corporal, coma nos meus traballos previos. Cando pensamos no corpo coma un recipiente para ideas artísticas, dalgún xeito sempre nos centramos na superficie do corpo. Mais a verdade é que non hai superficie do corpo independente do seu interior. É obvio que o exterior do corpo sempre está conectado co interior polo acto de pensar e pola súa anatomía interna. (Valie Export)
- Ano:2007
- Países de produción: Austria