Syntagma
- 18 minutos
O meu traballo no eido das curtas céntrase en resolver que é esencial no cine para definilo como un sistema artístico pechado e autosuficiente; para así poder facer uso de sinxelos operadores como a imaxe e o son e expandir as súas posibilidades creativas de asociación. Os ditos operadores significantes, tales coma o celuloide, o encadre, o contido da imaxe, a construción da imaxe, a montaxe, o movemento da cámara, os efectos visuais, a interacción do visual co son, etc., combínanse cos códigos culturais para crear unha construción sintáctica, da que nace unha película. Estes pensamentos tamén explican certas estruturas das miñas longas. As secuencias son unidades en si mesmas que se relacionan semanticamente entre elas. (Valie Export)
- Ano:1983
- Países de produción: Austria