MURIEL
Alain Resnais, 1963
116´. Subtítulos en castelán.
MURIEL OU LE TEMPS D´UN RETOUR / MURIEL
(Francia, 1963)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Jean Cayrol. Produción: Argos Films, Alpha Productions, Éclair, Les Films de la Pléiade, Dear Films. Fotografía: Sacha Vierny. Intérpretes: Delphine Seryg, Jean-Pierre Kérien. Duración: 116 minutos.
Unha viúva e o seu fillastro viven atrapados no recordo. O mozo non pode esquecer os horrores da guerra de Alxeria e a Muriel, unha das súas vítimas. Ela está obsesionada por un home do que estivo namorada. O reencontro provocado producirá un serio conflito entre a realidade e a memoria. A nova colaboración con Jean Cayrol axusta testemuño histórico e vertente imaxinativa.