Vida bohemia
La Bohème
Lillian Gish, John Gilbert, Renée Adorée, Roy D'Arcy, George Hassell
- 95 min.
París, sobre 1830. Un grupo de bohemios sobrevive no Barrio Latino e procura o amor e a fama, coa única seguridade de que quen si os vai atopar é o caseiro pedindo contas. Rodolphe, dramaturgo emerxente, escribe artigos para chegar ao final de mes mentres prepara a montaxe da súa nova obra. Mimí, costureira namorada del, traballa día e noite para atender as demandas dun aristócrata que lle fai as beiras e que podería financiar a peza teatral.
A estrela Lillian Gish, determinada a interpretar o personaxe de Mimí e con forza na Metro para impor as súas condicións, escolleu especificamente o reputado director King Vidor para levar ao cinema este relato e o dandi John Gilbert como o seu partenaire. Libre adaptación da novela de Henri Murger Escenas da vida bohemia, que á vez foi inspiración para que Giacomo Puccini compuxese La Bohème. Gish quería adaptar a ópera, pero o alto custo de cesión de dereitos acabou derivando nesta flexible inspiración na historia literaria orixinal. Con todo, apréciase o gusto por Puccini na narración e non é difícil ver no personaxe de Rodolphe unha figura inspirada no músico italiano.
- Ano:1926
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Fred De Gresac, Ray Doyle, Harry Behn (inspirado na novela de Henri Murger ‘Escenas da vida bohemia’)
- Fotografía: Hendrik Sartov
- Montaxe: Hugh Wynn
- Produtora(s): Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)
-
Crítica do filme
El blog de Hildy Johnson