MADAME BOVARY
Claude Chabrol, 1991.
140´. Subtítulos en castelán.
MADAME BOVARY
(Francia, 1991)
Dirección e guión: Claude Chabrol. Argumento: a novela de Gustave Flaubert. Produtor: Marin Karmirz. Produción: MK2 Productions, CED Productions, FR3 Films (Francia). Fotografía: Jean Rabier. Intérpretes: Isabelle Huppert, Jean-François Balmer, Christophe Malavoy, Lucas Belvaux, Jean Yanne. Duración: 140 minutos.
En 1837 Emma, filla dun rico granxeiro, contrae matrimonio con Charles Bovary, médico da campiña normanda. De carácter idealista e novelesco, perde rápidamente as súas ilusións de felicidade pola tosquedade dos pequenoburgueses normandos e se convirte primeiro na amante dun xentilhome das cercanías, que a abandona, e logo dun pasante de notario. Das sagaces mans de Chabrol sae unha versión da gran novela francesa da ocultación e hipocresía dos benpensantes, proporcionando o seu enésimo e fino cóctel molotov.