![La ventana indiscreta](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/rear-window-1954.jpg?itok=oHvKL7SX)
La ventana indiscreta
Rear Window
James Stewart, Grace Kelly, Wendell Corey, Thelma Ritter, Raymond Burr
- 112 minutos
Jeff, un reporteiro fotográfico cunha perna escaiolada, trata de romper o aburrimento espiando cun teleobxectivo a vida dos veciños do patio do seu bloque. Algúns indicios apuntan a que o estraño comportamento dun deles pode esconder mesmo un asasinato. “La ventana indiscreta é seguramente a película tecnicamente máis hábil e máis perfecta de Alfred Hitchcock. Ata a continuidade na toma de vistas de La soga non constituía unha fazaña comparable coas múltiples dificultades técnicas resolvidas aquí por Hitchcock. A idea inicial do guion é aquí unha concepción da ‘posta en escena’ cuxa execución se subdivide en varias series de problemas técnicos sobre a construción do decorado, da toma de vistas e do son.” (André Bazin)
- Ano:1954
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John Michael Hayes; Cornell Woolrich
- Fotografía: Robert Burks
- Montaxe: George Tomasini
- Produtora(s): Alfred J. Hitchcock Productions, Paramount Pictures