![LOS RUBIOS LOS RUBIOS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_840.jpg?itok=l2IkY1ui)
LOS RUBIOS
Albertina Carri, 2003.
89´. Vídeo.
LOS RUBIOS
(Arxentina, 2003)
Dirección e guión: Albertina Carri. Produción: Albertina Carri e Barry Ellsworth. Fotografía: Catalina Fernández. Intérpretes: Analía Couceyro. Duración: 89 minutos.
A terrible historia dos desaparecidos durante a ditadura en Arxentina e a imposibilidade de realizar unha descrición do horror. Para Albertina Carri -que perdeu a seus pais con apenas 4 anos- a palabra non é suficiente, polo que recorre a unha actriz para que faga o seu papel nun labor que funde reconstrución, enquisa, relato, representación e autobiografía. Estruturada como un percorrido por diversos estados da memoria a partir da ausencia dos pais, fragmentos, fantasías, contos e fotos dan forma a unha realidade que pertence ao pasado e que se proxecta no presente. Un equipo de filmación sen rumbo, unha actriz e uns Playmobiles felices constrúen o universo fracturado no que a protagonista descobre unha e outra vez o imposible da memoria.