LE BERCEAU DE CRISTAL
Philippe Garrel, 1975
80´. Subtítulos en galego. Presentación do libro “Philippe Garrel. El cine revelado” a cargo do crítico de cine e coordinador da edición, Quim Casas. Entrada gratuíta.
LE BERCEAU DE CRISTAL (Francia, 1975) Dirección, guión, fotografía e produción: Philippe Garrel. Intérpretes: Nico, Dominique Sanda, Anita Pallenberg, Philippe Garrel. Duración: 70 minutos. Nun cuarto case a escuras, sobre unha cama, unha muller vestida de negro fuma un cigarro, le, escribe algo, érguese e camiña, toca unhas cantas notas nun teclado. Un home, tamén só, está de pé, apoiado nunha columna de mármore. Un pintor traballa nos seus lenzos e Garrel recolle a soidade destes personaxes desconectados.
-
-
Ó redor da Nouvelle Vague
LE BERCEAU DE CRISTAL
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Sección do ciclo: 'Francotiradores'.