![Desaparición](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/desaparicion.jpg?itok=cI23VK7z)
Desaparición
Szabad lélegzet
Erzsébet Kútvölgyi, Gábor Nagy
- 81 minutos
Jutka está intentando deixar ao seu mozo maltratador cando coñece a un mozo do que namora nunha festa universitaria. Avergoñada da súa condición de obreira, minte e di que ela tamén é estudante. Esta mentira marca a súa relación. Cando lle revela a verdade, o rapaz decide seguir adiante coa mascarada para manter as aparencias ante a súa familia e amigos, de clase intelectual e acomodada. O ambiente comeza a enrarecerse e tensarse cada vez máis.
Mészáros xa realizara un documental sobre tecedoras, A lőrinci fonóban (At The Lőrinc Spinnery, 1971), cando se decidiu a rodar Desaparición. Aquí, a actriz Erzsébet Kútvölgyi mestúrase entre verdadeiras obreiras para ofrecer un realista retrato das súas condicións de traballo. Antes de abandonar a fábrica, adoita darse unha ducha, acto que a realizadora capta de forma sensual e empoderada. É un momento de calma e paz ante as tensións psicolóxicas e físicas que veñen despois. A dramaturxia céntrase na imposibilidade de integración das clases, resultando irónico que os que mandan nun estado soviético sexan acomodados burgueses.
- Ano:1973
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros
- Fotografía: Lajos Koltai
- Montaxe: Zoltán Farkas
- Produtora(s): Mafilm Studio 1