LAS MARGARITAS
Vera Chytilova, 1966.
76´. Subtítulos en galego.
SEDMIKRÁSKY / LAS MARGARITAS
(Checoslovaquia, 1966)
Dirección: Vera Chytilová. Guión: Vera Chytilová e Ester Krumbachová, a partir dunha historia de Vera Chytilová. Produción: Rudolf Hájek para Filmové Studio Barrandov (Checoslovaquia). Fotografía: Jaroslav Kucera. Intérpretes: Jitka Cerhová, Ivana Karbanová. Duración: 76 minutos.
Mentres toman o sol, dúas rapazas propóñense adaptarse sen dificultades á corrupción do mundo. A transformación leva a unha acertada colaxe de momentos excepcionais onde Marie I e Marie II practican o máis próximo ao seu concepto do mal. Un dos títulos checos míticos da época, unha narración desenfreada, trepidante, ácida, chea de humor hilarante e trazos próximos ao absurdo, que amosa dúas mulleres nun mundo de homes, dirixida ademais por unha das máximas representantes da ironía da Nova Vlná checa.