Las ruínas de un imperio
Oblomok imperii
- 110 min.
Un soldado volve a casa en San Petersburgo dez anos despois da Revolución Soviética, despois de perder a memoria durante a Guerra Civil Rusa, e atópase nun novo mundo descoñecido para el mentres busca á súa muller. O filme testemuña as transformacións sociais, culturais e políticas que se produciron en tan pouco tempo, dende a desaparición do réxime tsarista e a instauración do Estado soviético, sen evitar a exaltación do papel da clase obreira a súa propia emancipación.
Notas sobre a restauración: Las ruínas de un imperio foi producida por Sovkino e estreada na Unión Soviética o 28 de outubro de 1929. A lonxitude orixinal era de seis bobinas (2.203 metros). Esta restauración está baseada principalmente nunha copia de nitrato de 35 mm da súa distribución nos Países Baixos, conservada por EYE Filmmuseum. Adicionalmente a partir dunha copia incompleta da Cinémathèque Suisse recuperáronse os intertítulos orixinais rusos dos actos 2 ao 6 e un pequeno número de planos que non estaban presentes na fonte primaria. A restauración completouse en maio de 2018 en colaboración entre EYE Filmmuseum, Gosfilmofond e o San Francisco Silent Film Festival.
-
Cinema, rexistro vivo da nosa memoria
Las ruínas de un imperio
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP
- Ano:1929
- Países de produción: Rusia
- Guión: Katerina Vinogradskaia, Fridrikh Ermler
- Fotografía: Yevgenii Shneider, Yevgenii Mikhailov