La voz de la luna
Federico Fellini, 1990
120’. Subt. castelán.
LA VOCCE DELLA LUNA / LA VOZ DE LA LUNA (Italia-Francia, 1990) Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini, Tullio Pinelli e Ermando Cavazzoni, sobre a obra deste último Il poema dei lunatici. Produción: Cecchi Gori Group Tiger Cinematográfica, Cinemax e RAI. Fotografía: Tonino Delli Colli. Intérpretes: Roberto Benigni, Paolo Villaggio. Duración: 120 min. A última longametraxe de Federico Fellini, presentada en Cannes 1990, é unha adaptación (absolutamente libre) da obra literaria de Ermando Cavazzoni, Il poema dei lunatici. De novo unha contranarración formada por poéticos microrrelatos en forma de mitos, contos e apuntamentos surreais. Ivo Salvini (Roberto Benigni), un home tolo de amor, acabado de saír dun psiquiátrico, e o prefecto Gonnella (Paolo Villaggio), un megalómano que cre que todo é falso, conforman a columna vertebral do filme, fiel ao barroquismo e á coralidade perdurables na obra do cineasta de Rimini. David de Donatello á mellor escenografía, á montaxe e ao actor principal (Paolo Villaggio).