LA CEREMONIA
Claude Chabrol, 1995.
111´. Subtítulos en castelán.
LA CÉRÉMONIE / LA CEREMONIA
(Francia-Alemaña, 1994)
Dirección: Claude Chabrol. Guión: Claude Chabrol e Caroline Eliacheff. Argumento: a novela de Ruth Rendell. Produción: MK2 Productions, France 3 Cinéma (Francia), ZDF (Alemaña). Fotografía: Bernard Zitzermann. Intérpretes: Isabelle Huppert, Sandrine Bonnaire, Jacqueline Bisset, Jean-Pierre Cassel, Virginie Ledoyen. Duración: 111 minutos.
A familia Lelièvre vive nunha sinxela casa nas cercanías dun pobo bretón. Chega unha nova, eficiente e estraña criada, Sophie, que entabla amizade con Jeanne, empregada de correos no pobo. A súa alianza trocárase en rebelión salvaxe. Huppert acada o César a mellor actriz e a Copa Volpi en Venecia neste negrísimo traballo de natureza costumista que como todos os bós Chabrol artella de modo perspicaz un conxunto de pullas contra os favorecidos da sociedade por medio duna equilibrada mistura de compoñentes do melodrama e o thriller.