
Frans van de Staak. Programa 3.
- 137 min.
Uit het werk van Baruch d’Espinoza
Frans van de Staak
Países Baixos, 1973, 32 min, 16 mm, neerlandés.
Rooksporen
Frans van de Staak
Países Baixos, 1992, 105 min, 16 mm, neerlandés.
A filmación de persoas e lugares a través de actos de fala é unha constante que atravesa a filmografía de Frans van de Staak.
Uit het werk van Baruch d’Espinoza recolle grupos de mozos que recitan e len, non sen certa dificultade, fragmentos da Ética de Spinoza en interiores e exteriores rurais e urbanos da cidade de Ámsterdam. O texto metafísico do século XVII vese devolto ao presente, distribuído como un ben común. Interpretados por distintas persoas, cuxa lectura se organiza dunha maneira intermedia entre o improvisado e o xeométrico, o sentido do texto cambia continuamente.
A partir das preguntas dun interrogador e os relatorios da súa acusada e de vinte e seis testemuñas (unha por cada letra do abecedario), o público de Rooksporen debe reconstruír un suceso que a propia película evita nomear. A personalidade da acusada e a existencia ou non dun delito dirímense a través da intricada tea de araña que trazan as declaracións contraditorias de todos os personaxes.
-
Frans van de Staak. A palabra en arquipélago
Frans van de Staak. Programa 3.
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.
- Ano:1973, 1992
- Países de produción: Holanda