LA BARRERA DEL SONIDO
David Lean, 1952
118´. Subtítulos en castelán.
THE SOUND BARRIER / LA BARRERA DEL SONIDO
(Gran Bretaña, 1952)
Dirección: David Lean. Guión: Terence Rattigan. Produción: London Films e British Lion. Fotografía: Jack Hildyard, John Wilcox e Peter Newbrook. Intérpretes: Ralph Richardson, Ann Todd, Nigel Patrick. Duración: 118 minutos.
O científico experto en aeronáutica John Ridgefield perde ao seu fillo Christopher nun accidente aéreo, marcado polo arriscado do voo e pola propia personalidade de Ridgefield. Obsesionado polas súas investigacións, a súa filla Susan vaise enfrontar a el. Cruzamento de camiños que explica o devir da obra de Lean, entre o drama psicolóxico e o relato de acción, reforzado por Alexander Korda como produtor e o proteico grupo de actores, entre os que xa destaca un mozo Denholm Elliott.