THE ISTER
David Barison, Daniel Ross, 2003.
180´. Vídeo. Subtítulos en galego.
THE ISTER
(Australia, 2003)
Dirección, guión, produción e fotografía: David Barison e Daniel Ross. Duración: 180 minutos.
Unha viaxe de 3.000 quilometros a través do corazón de Europa, desde a boca do río Danubio no Mar Negro ata a Selva Negra alemá. Baseado no traballo do máis influente e controvertido filósofo do século XX, Martin Heidegger, que xurou fidelidade ao Nacional Socialismo en 1933. Combinando unha vasta narrativa filosófica cunha viaxe épica pola maior vía de comunicación fluvial europea, os australianos Barison e Ross convidan o espectador a desvelar o extraordinario pasado e futuro de Occidente.