Alcarràs
Jordi Pujol Dolcet, Anna Otín, Xènia Roset, Albert Bosch, Ainet Jounou, Josep Abad, Montse Oró, Carles Cabós, Berta Pipó, Joel Rovira, Isaac Rovira, Elna Folguera, Antònia Castells, Djibril Casse, Jacob Diarte
- 120 min.
Durante xeracións, a familia Solé cultivou unha grande extensión de pexegueiros en Alcarràs, unha pequena localidade rural de Cataluña. Mais este verán, despois de oitenta anos cultivando a mesma terra, poida que sexa a súa derradeira colleita.
-
-
Close-Up: cine e perspectiva de xénero
ENCONTRO: CARLA SIMÓN
Alcarràs
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:2022
- Países de produción: España, Italia
- Guión: Carla Simón, Arnau Vilaró
- Fotografía: Daniela Cajías
- Montaxe: Ana Pfaff
- Produtora(s): Elastica Films, Avalon PC, Alcarràs Film, A.I.E., Vilaüt Films, Kino Produzioni
-
Carla Simón y la semilla de 'Alcarràs': "Con una muerte pones en valor el legado de esta persona"
Entrevista en eCartelera, por Luisa N. Jabato
Tráiler do filme
Avance cinematográfico
Perfume sereno dunha obra mestra
Beatriz Martínez (El Periódico)
Atrapar o momento, atrapar a emoción, alcanzar a harmonía. E, de paso, a plenitude cinematográfica. Así é Alcarràs, unha obra realmente portentosa en que Carla Simón dá un paso máis aló á hora de configurar un imaxinario propio que parte do íntimo para atinxir un sentimento universal.
Si en Estiu 1993 falaba da morte, da infancia e do sentimento de orfandade dunha forma moi íntima e desde un só punto de vista, o dunha meniña tras o falecemento dos seus proxenitores, en Alcarràs todo o dispositivo se articula a partir do arraigamento a un lugar, a unha terra, a unha forma de vida que chega ao seu fin, e faino partindo da coralidade a través do crisol de relacións que se establecen entre os membros dunha familia que se enfronta á perda, ao desarraigamento e ao abalo involuntario da súa propia identidade, das súas raíces e da súa herdanza, cando logo de toda unha vida, teñen que abandonar a terra que cultivaron para que os seus lexítimos propietarios, a exploten a través das placas solares.
Cadaquén xestionará ese desconcerto e baleiro de diferentes maneiras, mentres a cámara de Carla os segue durante ese espazo de tempo que os leva desde a carraxe á aceptación. Faino a través dun complexo sistema de relevos, a través de coreografías internas dunha enorme delicadeza expresiva, destiladas ata a máxima esencia, que nos conducen duns a outros sen apenas darnos conta, case como se se tratase dunha danza máxica entre as distintas xeracións.
A paisaxe rural convértese nun elemento fundamental e fíltrase por todos os poros da película. Os espazos abertos, o sol do verán, o perfume da colleita, as fileiras de pexegueiros, a calor do mediodía, o son do campo. A luz natural asolágao todo porque en Alcarràs non hai artificios, non hai imposturas, só néctar, esencia, alma. Mais Simón non mira cara a fóra, senón cara a dentro. Non hai ensimesmamento na beleza da contorna, senón que todo se centra nos conflitos dos personaxes, nunha épica cotiá que case se pode palpar e, sobre todo, sentir.
A directora inscríbese así dentro dunha nómina de directores que foron capaces de capturar o tempo e o espazo, o devir da vida dun modo transparente. Nese sentido resulta fundamental a referencia ao Neorrealismo italiano pola súa capacidade de integrar verdade e emoción humana e de utilizar seres de carne e óso que zumegan calidez e naturalidade. Porque a Carla Simón non lle interesa estar por riba da súa historia como creadora, senón situarse a rentes do chan para captar cada pequeno detalle de cada un deses personaxes que adquiren entidade propia con apenas unhas pinceladas.
É Alcarràs un auténtico monumento, un cumio do noso cine que xunta risco, ambición artística e ao mesmo tempo unha enorme humildade. Fala do pasado, mais sen romantizalo, e de como o futuro fica en suspenso cheo de incógnitas. Fala da loita diaria, das mágoas e das pequenas alegrías. Fala de todo.