La noche de los muertos vivientes
Night of the Living Dead
Judith O' Dea, Duane Jones, Marilyn Eastman, Karl Hardman, Judith Ridley, Keith Wayne, Kyra Schon, Russell Streiner, S. William Hinzman, George Kosana, George A. Romero
- 96 minutos
Barbara é atacada por un morto vivente nun cemiterio de Pennsylvania. Foxe e refúxiase nunha granxa, onde xunto con Ben, outro home na súa mesma situación, crearán barricadas para se defenderen dos zombis.
Un dos cumios do xénero, influencia para as xeracións de cineastas posteriores que o practicarían, explotou a trama para bater contra a guerra de Vietnam, nese 68 que tan turbulento foi no eido político.
-
Fóra de serie
La noche de los muertos vivientes
Sesión do 50º aniversario. O filme estreouse en outubro de 1968.
- Ano:1968
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John A. Russo, George A. Romero
- Fotografía: George A. Romero
- Montaxe: George A. Romero
- Produtora(s): Image Ten, Laurel Group, Market Square Productions, Off Color Films
-
'Vienen a por ti, Barbara': cómo George A. Romero cambió el cine de terror para siempre.
Por John Tones (Espinof)
Entrevista a George A. Romero
Parte do documental Zombiemania
La noche de los muertos vivientes
José Luis Ortega Torres (Cinefagia)
De certo, antes dos filmes zombi de George A. Romero, a figura do morto que camiña xa fora tratada na pantalla. Excelentes clásicos como White Zombie de Victor Halperin -considerado formalmente coma o primeiro filme onde se fai referencia directa á zombificación– e, por suposto, I Walked With a Zombie, obra mestra de Jacques Tourneur, eran coñecidos en practicamente todo o mundo. A partir deses filmes o zombi uniuse á galería de monstros clásicos do xénero de terror, aínda que sempre facendo alusión á bruxería, principalmente ao vodú, para lograr que un home perda a súa vontade ata o grao de parecer un morto ambulante, aínda que sen chegar a selo.
En 1968 Romero dános unha mostra completamente oposta á visión do zombi pola vía sobrenatural. Tanto en La noche de los muertos vivientes como nas súas secuelas non existe ningún elemento que supoña sequera o uso de feitizos ou apócemas propias da bruxería e o vodú. “A monstruosidade xa non é máis unha cuestión de alteridade mitolóxica, senón que penetra na vida cotiá, encárnase en nós mesmos e nos nosos veciños de casa”. [1]
Con estas palabras o teórico italiano Renato Venturelli describe á perfección o estilo en que Romero inscribe o seu filme. De terror, si, mais cunha incrible dose de crítica social e nada de sobrenatural. A súa influencia é ademais innegable, tanto que unha copia de La noche de los muertos vivientes pertence á colección permanente do Museo de Arte Moderna de Nova York. Moito tamén se ten escrito sobre as fontes que inspiraron o zombi romeriano, pero o máis claro precedente é a novela I’m Legend de Richard Matheson, así como a súa primeira adaptación cinematográfica, L’ultimo uomo della terra (El último hombre sobre la tierra, 1961), coprodución italoestadounidense de Ubaldo Ragona, protagonizada polo grandioso Vincent Price, quen interpreta o “último humano vivo na terra logo de que o resto dos sobreviventes dunha descoñecida praga se transformaran nunhas criaturas similares a vampiros” [2] … mutantes que acosan a gorida onde voluntariamente se repregou a resistir a ameaza e conservar así a súa humanidade.
Desta película Romero acepta que tomou un dos elementos básicos para a estrutura da súa fita: a claustrofobia. Ao ter creado un ambiente pechado, logra mergullar o espectador na mesma angustia en que se atopan os protagonistas, que unicamente se decatan do que sucede no exterior por medio da radio e da televisión que encontran no seu refuxio, de aí que ese mesmo terror tamén o sofre o público. Así o define Venturelli no artigo citado. “O público (…) vive a desesperada tentativa de supervivencia dos protagonistas (…) en perspectiva subxectiva, mentres a cámara non afasta a ollada nin nas escenas de canibalismo e rexistra todo o horror”. [3]
[...] O terror e a claustrofobia respíranse cada minuto. A desesperación e a codependencia da parella de mozos faise máis que evidente. Ela non pode estar sen el e prefire morrer ao seu carón. O soño de liberdade xuvenil imposto nese mítico 68 queda dinamitado, ao igual que a camioneta na que ambos os dous viaxan. En tanto que as xeracións máis novas, representadas por Karen, engolen -literalmente- as vellas normas e frustracións. Os demos interiores dos pais son pecados que aos fillos non deben nin teñen por que afectarlles, e que, de feito, nin sequera lles importan. [...]
__________
1. Dirigido, núm. 290, maio 2000, pp. 66-67.
2. McAsh, Iain F. The Films of Vincent Price, pp. 17-18.
3. Dirigido, op. cit.