
HAMACA PARAGUAYA
Paz Encina, 2006.
76´. Subtítulos en castelán.
HAMACA PARAGUAYA
Paz Encina, 2006. Con Georgia Renes, Ramón del Río. 76´.
Xuño de 1935. Nun caloroso e remoto lugar de Paraguai, unha parella de vellos campesiños, Cándida e Ramón, esperan a seu fillo, que marchou a pelexar na guerra do Chaco. Ramón é optimista, Cándida cre que morreu. A calor non cesa e mentres tanto os roles vanse intercalando. De Lisandro Alonso a Lucrecia Martel, outro maxistral exemplo de cine conciso e depurado, intenso e elaborado con escasos planos, que obtivo o premio FIPRESCI en Cannes 2006 e os eloxios do mesmo Apichatpong.