
Selected Milk
Richard Holz, Silvana Sieiro
- 20 minutos
"Leite seleccionado engadido de leite en po reconstituído enteiro pasteurizado homoxeneizado" ten a forma dun manual para vendedores de tetra bricks de leite en supermercados. Mentres tomamos a lección, podemos ver os flashes de vida dun vendedor potencial que non posúe as condicións dun típico vendedor de tetra bricks. O versátil Jose Luis Ducid sérvenos - véndenos- poemas co seu callo aínda, co seu punto acedo de sarcasmo, ben engadidos ao po do realismo. O viacrucis lácteo deste libro transcorre en espazos pouco bucólicos e sen moito merengue. Textos en que a xente morre vomitando crema. Poemas indi... blurp... xestos. Sesión ao coidado de Ignacio Pardo, conta coa presenza dos seus autores.
-
Off Galicia
Selected Milk
Versión lingüística:VOSEFormato:HDPresentación e coloquio con Ignacio Pardo e os seus autores. Entrada de balde.
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: José Luis Ducid
- Fotografía: María Meseguer, David Carballal
- Montaxe: Paula G. de la Fuente, José Luis Ducid
- Produtora(s): Gourmetsound Estudio