
Historia de un matrimonio
Marriage Story
Scarlett Johansson, Adam Driver, Laura Dern, Merritt Wever, Alan Alda, Mary Hollis Inboden
- 135 minutos
Un director de teatro e a muller, actriz, loitan por superaren un divorcio que os leva ao extremo tanto no persoal coma no creativo.
“Historia de un matrimonio non é só a mellor película de Noah Baumbach, é unha das obras máis precisas e dolorosas que deu o cine recente sobre algo tan duro de atrapar coma a fractura do amor. Unha película xenerosa na súa formulación —desde o mesmo arranque respírase o esforzo de Baumbach por tentar un equilibrio no punto de vista dos seus dous personaxes, aínda que por pura lóxica comprenda mellor o masculino— mais implacable na súa devastadora cronoloxía do proceso de descomposición dunha parella. Unha viaxe sen tregua onde os seus dous intérpretes, uns descomunais Adam Driver e Scarlett Johansson, se entregan coa sutileza dos grandes a unha película que pola súa esixencia, o seu sentido do humor e o seu sentido común resulta infinitamente máis esgazadora. Chórase vendo Historia de un matrimonio, mais chórase moitísimo máis cando logo de acender as luces se volve pisar a rúa.” [Elsa Fernández Santos, El País]
- Ano:2019
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Noah Baumbach
- Fotografía: Robbie Ryan
- Montaxe: Jennifer Lame
- Produtora(s): Heyday Films, Netflix