
¡Ufa con el sexo!
Héctor Pellegrini, Elsa Daniel, Marilina Ross, Nacha Guevara
- 77 min.
Exemplo de cinema maldito, grazas ao veredicto descalificatorio da Junta Nacional de Cinematografía que inhibiu a película para a súa proxección, Ufa con el sexo talvez sexa a película máis desenfadada de Kuhn, cun sentido do humor sardónico que leva todos os prexuízos por diante. O desacato maniféstase no formal: hai entrevistas na rúa dirixidas por unha moza Marilina Ross, números musicais no medio das avenidas porteñas, secuencias de sátira descarnada ás comedias sentimentais da época, unha estrutura de fábula sen ensinanza, chistes subidos de ton e unha secuencia final en cores que ri dos finais musicais de películas como El club del clan (Carreras, 1964). A Juan Adams (Héctor Pellegrini) desármaselle o seu plan de conquista cando se decata que a nena anxelical que proxectara sobre Evangelina (Elsa Daniel) en realidade é unha prostituta.
(…) O protagonista fai todo por casar con ela, aínda se isto supón pagarlle polo tempo que pasan xuntos. Todo isto en pleno 1968, o ano terrible, cruzado polo lume da revulsión internacional, o Cordobazo e os movementos obreiros e estudantís. A mocidade parecía descubrir os fíos invisibles entre amor, familia, Estado e mercadoría; Juan Adams viña representar a todos aqueles que non sabían como restaurar os roles tradicionais, por hipócritas que fosen. Texto de Milagros Porta.
- Ano:1968
- Países de produción: Argentina
- Guión: Rodolfo Kuhn, basado en la obra “Hip Hip Ufa” de Dalmiro Sáenz
- Fotografía: Adelqui Camusso
- Montaxe: Armando Blanco
- Produtora(s): Alberto Parrilla
-
Crítica
Rubén Redondo (Cine maldito)
-
Mujeres ¿liberadas?en Ufa con el sexode Rodolfo Kuhn (1968)
Eduardo Cartoccio
Secuencia de créditos
Con tema de Marilina Ross