Como en un espejo
Såsom i en spegel
Harriet Andersson, Gunnar Björnstrand, Max von Sydow, Lars Passgard
- 91 minutos
Karin deixa o psiquiátrico en que está internada para ir pasar un tempo coa familia, que vive nunha illa remota. Alí comeza a distanciarse da realidade, ao crer que a visita Deus.
- Ano:1961
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Produtora(s): Svensk Filmindustri (SF)
-
He visto a Dios
Crítica en Tiempo de cine por Juan Carlos González
Ingmar Bergman: God is Silent
Ensaio fílmico con treitos de varias películas de Bergman sobre a idea do silencio de Deus.
Como en un espejo
Fundación Ingmar Bergman
O primeiro bosquexo do que acabaría sendo Como en un espejo tópase en forma de nota na última páxina do guión de Bergman para o filme precedente, El manantial de la doncella. Comeza coas palabras: “O PAPEL PINTADO NA PAREDE. Ela, que é pequena, fai unha historia sobre o cuarto co misterioso papel. Un día experiméntao”.
Harriet Andersson dá vida a Karin. O seu papel en Un verano con Mónica foi a súa gran irrupción no cine e o personaxe devandito constituiría a súa segunda actuación destacable. Gunnar Björnstrand interpreta o pai, un escritor que usa a psicose dela nas súas novelas. Dos catro actores nesta peza de cámara, Lars Passgård é definitivamente o principiante do grupo. Con só 18 anos, enfrontouse aos retos de identificarse cunha nai morta, un pai distante e con impulsos de suicidio e mais unha irmá máis vella demente, que ademais abusa del.
Como en un espejo é decote citada como a primeira parte da triloxía de Deus e o home, da que Los comulgantes e El silencio forman a segunda e terceira parte respectivamente. O filme foi a segunda colaboración completa de Bergman con Sven Nykvist e o primeiro dos que rodou en Fårö. Foi, de feito, Nykvist quen recomendou a illa a Bergman.
Harriet Andersson comentaría despois en canto á rodaxe do filme: “Daquela os planos exteriores levaban o seu tempo, e nótase. Hai algúns travellings esaxeradamente longos que requiriron un importante traballo de raís. Hoxe en día camíñase por aí con estas cámaras ananas, non me estraña que xa non se precisen raís”.
Como en un espejo foi a contribución sueca á Bienal de Venecia en 1962. Gañou o Óscar á mellor película estranxeira ese mesmo ano.